Skip to main content

Obriga legal

Entre as obrigas que o Regulamento xeral de protección de datos (RGPD) impón a toda organización que trate datos persoais figuran estas dúas:

  • Informar as persoas interesadas sobre o tratamento dos seus datos. Clientes, empregados, subscritores ou pacientes teñen dereito a coñecer a identidade do responsable, a finalidade do tratamento, a súa base xurídica, o prazo de conservación dos datos e o modo de exercer os seus dereitos. Esta información recóllese na cláusula informativa do art. 13.
  • Manter un rexistro das actividades de tratamento. A organización debe levar un rexistro actualizado das súas actividades de tratamento e poñelo á disposición da autoridade de control cando esta o solicite. É o rexistro previsto no art. 30.

ROPA permite dar cumprimento a ambas as obrigas: cada actividade descríbese unha soa vez e a aplicación elabora e mantén actualizados todos os documentos esixidos.

Unha vez activada, cada actividade xera dous documentos en todos os idiomas do rexistro:

  • Declaración do art. 30: o rexistro formal da actividade ante a autoridade de control. Pódese consultar desde o detalle da actividade e descargar en PDF ou RTF.
  • Cláusula informativa do art. 13: a información debida ás persoas cuxos datos se tratan. Cada actividade dispón dunha ligazón directa á cláusula e dun fragmento para incrustala, de xeito que se pode ligar desde unha política de privacidade, un formulario de consentimento, un pé de correo ou unha páxina web, e sempre mostra o texto vixente. Tamén se pode descargar en PDF ou RTF.

Ambos os documentos pódense compartir mediante unha ligazón, unha tarxeta imprimible con código QR ou incrustados no sitio web da organización: véxase Publicar os documentos. A declaración só é accesible para terceiros se a organización está configurada como pública.

O rexistro completo —todas as actividades activas, agrupadas por unidade, con portada e resumo— pódese descargar como un único PDF desde o panel principal.

Os datos da organización nunca quedan cativos: Configuración da organización → Datos da organización permite exportalos integramente en JSON ou nun ZIP de follas de cálculo, e restauralos desde a mesma páxina; véxase Importar / Exportar.